Unha amizade entrañable e a afección conxunta á poesía conciben e dan a luz ao primeiro fillo literario de dous autores noveles. A singularidade da súa obra reside en que reflicte con harmonía dous sentires, estilos e dúas linguas diferentes. O título da mesma, raíz latina de “emoción”, representa o movemento. A intención destes dous poetas é mover, remover, conmover aos lectores. O intimismo abrolla con delicadeza nestes versos, no medio da aspereza e automatismo cotiáns. Faino en aspectos cruciais, entre outros: o amor e os seus antónimos; a estéril fuxida do silencio; a dor anímica e existencial; a procura do equilibrio e paz; a inocencia dos meniños e a devoción á natureza, fonte inesgotábel de enerxía e inspiración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.