Unha nova infección vírica espállase polo mundo, cruza os océanos e os vales, mentres que nalgunha cidade anónima dous descoñecidos fican confinados nunha mesma vivenda. Unha pausa nas súas vidas fainos cohabitar nunha realidade de ficción da que non poderán fuxir, inmersos no desasosego duns días que, repetitivos, serán riscados sen volta atrás no calendario, co vagar pesado das xornadas de encerro e medo. O macrorrelato global vivido por millóns de persoas entretécese neste libro coa historia de dous individuos obrigados a unha convivencia forzada, ao longo da cal agromará un baile de emocións no que a alegría, a desidia, o traballo, a preocupación polo futuro e tamén as angurias e as historias propias de cada pasado persoal se entretecerán inexorablemente.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.