O xornalista Álvaro Cunqueiro sufriu un encontro coa autoridade política do réxime, polo que decide retirarse á tranquilidade de Mondoñedo ata que sopren ventos máis favorables. Con todo, a súa chegada á cidade vai coincidir coa misteriosa morte dunha nova funcionaria destinada alí, e á súa vez cunha aceda polémica sobre os espidos contidos nas pinturas murais que existen na catedral, e que parecen relacionados co homicidio, ata o punto de motivar a intervención de Carmen Polo de Franco.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.