Eglefino é moi gracioso! Ten uns grandes ollos saltóns e unha crista pouco corrente. É todo de cores, coma se lle botaran por riba varios caldeiros de pintura. E, ademais, ten dous grandes pés, rosas e verdes, que fan que se vexa aínda máis extravagante! O seu gran soño é converterse no personaxe dun conto, dun conto famoso! Conseguirao?
Segue a Eglefino mentres intenta convencer aos sete ananiños ou á Carapuchiña Vermella de que o acepten nos seus contos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.