Mar, unha adolescente europea , viaxa ao Senegal na compaña da súa nai, quen traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nunha vila de agricultores e pescadores ao norte do país. Afeita ás comodidades e dinámicas do denominado primeiro mundo, a medida que se vai aclimatando aos ritmos e costumes do lugar, irá tomando conciencia de que a metade das súa equipaxe eran tópicos, prexuizos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.