Este libro é o cuarto volume da colección COMPOSTELA ILUSTRADA, un proxecto que naceu co ánimo de visibilizar as mulleres ilustradoras, e faino a través dunha acción no marco do camiño de Santiago. Reivindicamos as mulleres artistas e o seu espazo no mundo da cultura recollendo a súa experiencia no Camiño se Santiago nunha exposición, e cun libro que se edita cada ano coincidindo co Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Nesta edición, a asturiana Catalina Rodríguez Villazón realizou o Kumano Kodo, no Xapón, e mais o Camiño de Inverno, en Galicia. O resultado foron máis de cen acuarelas das que aquí presentamos unha escolma. Ambos os camiños, irmandados desde 1998, son natureza, presente a cada paso, e ao mesmo tempo separados por 11.000 quilómetros de distancia.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.