“Dos días do porvir” publicouse por fascículos nas páxinas da revista literaria The Pall Mall Magazine, e deseguido como parte da compilación de relatos e novelas de temática futurista e fantástica Tales of Space and Time (1899).
Elizabeth e Denton son o que Isaac Asimov chamaría «medievalistas», o cal, nun contexto futuro, identifica aquelas persoas que rexeitan a vida urbana e o progreso tecnolóxico, avogan por unha volta ao rural e anhelan os usos e costumes do pasado. Non obstante, o que seduce a parella de mozos non é tanto a filosofía medievalista coma a época vitoriana. Aos seus ollos, o estilo de vida británico do XIX é o contrapunto ao Londres distópico do século XXII no que viven. Con esa premisa, o prolífico Wells constrúe unha intelixente obra de anticipación, na que resulta recoñecible a división en estratos dunha sociedade alicerzada sobre criterios mercantilistas, coa omnipresente mercadotecnia e os rendementos do capital como valores supremos.
Loable polo seu refinado estilo e traballada estrutura, a novela estimula o espírito crítico en temas como a masificación, a reorganización dos transportes urbanos ou a fenda de clase cada vez máis acusada, algo que se reflicte en todos os ámbitos: cultural, lingüístico, lúdico, gastronómico…

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.