“Este libro ?di a autora? naceu como un conto de princesas rebeldes que non buscan a felicidade no matrimonio, como nos contos de fadas, senón na vida mesma, porque comprenden que ese sentimento de benestar que perdura no tempo non é só un instante luminoso nin unha emoción inexpresable que esvaece cando as perdices acedan no padal”. O xurado do premio valorou “a proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria” ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, “creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista”.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.