Esta obra pretende ser un primeiro achegamento ao ocultismo na vida e obra de Vicente Risco. Nela amósase que o ocultismo foi unha influencia fundamental no seu pensamento durante toda a súa vida e presente en toda a súa obra, tanto xornalística, ensaística, como de ficción, en elementos e citas espalladas aquí e acolá, dende as súas primeiras obras como “D’o caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros” até as últimas como pode ser “Orden y Caos” ou “La Puerta de Paja”. A partir dos feitos traumáticos da Guerra Civil, o propio Risco encargouse de queimar cartas, libros e calquera cousa que o puidese comprometer e relacionar coa heterodoxia e o ocultismo, pero non puido acochar os seus artigos de épocas anteriores en revistas como La Centuria e na propia revista Nós, que trataban eses temas e amosaban a súa relación de amizade con ocultistas de recoñecido prestixio, como por exemplo Mario Roso de Luna, o insigne teósofo estremeño. Todos estes datos, xunto coas escasas cartas do propio Risco que se conservan relacionadas con este tema, valen para artellar parte dun crebacabezas pendente de reconstruír: a relación dos intelectuais e escritores daquela altura cos movementos do ocultismo galego e ibérico.
Do doutor Alveiros á porta de Palla. O ocultimso na obra de vida de Vicente Risco

Editorial: Publicacións da Fundación Vicente Risco
Autor: Félix Castro Vicente
ISBN: 9788412103991
Edición: 1ª 2020
Páginas: 258
18,00 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé o primero en valorar “Do doutor Alveiros á porta de Palla. O ocultimso na obra de vida de Vicente Risco” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.