Diarios 1938 e 1945

Diarios 1938 e 1945

20,42 

A voz de Syra Alonso (A Coruña, 1899-México, 1970) emerxe dende o silencio do exilio para contar unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil. Estes Diarios relatan o terror vivido en Galicia e a loita desesperada da autora por salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897-Bértoa, Carballo, 1936) durante as horas máis tristes da súa vida. A presente edición actualiza e amplía o volume publicado no ano 2000. Conta coa participación de varias especialistas na autora: un estudo introdutorio actualizado da ensaísta e xornalista Carme Vidal, a tradución ao galego a cargo de Anxos Sumai García, o epílogo asinado polo profesor e investigador mexicano Conrado J. Arranz Mínguez, que descobre a faceta creativa e de narradora de ficción de Syra Alonso, e aporta un conto descoñecido da autora, titulado «Tres homiños» ambientado na Galicia daqueles días terribles. Inclúe así mesmo 16 páxinas de fotografías e documentos inéditos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Diarios 1938 e 1945”