A pandemia causada pola covid-19 afectounos de forma profunda. Nada é o mesmo dende marzo de 2020, e, un dos sectores que máis padeceu o tsunami das transformacións foi o mundo do ensino.
Santi Domínguez leva moitos anos exercendo a docencia, e, coa pandemia, coma tantos e tantas, TIVO que parar. Aí nacéronlle na cabeza, e do corazón, un cento de preguntas sobre o sentido do seu oficio. Realmente estamos educando como debemos? Son tan importantes os contidos? A realidade da epidemia sérvelle ao autor para se mergullar dentro de si, e dende aí, tirar a máscara da comodidade e formularse preguntas comprometidas que tanto nos afectan.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.