Obra que representa unha amalgama de narrativa lírica, música, navegación, metafísica, reflexión interna e sentimentos por Galicia e mailo océano, cun ritmo áxil coma a viaxe dunhas ondas cara á praia, e profundidade coma o intervalo entre mareas. Os fragmentos, baseados practicamente na súa totalidade, en vivencias persoais da autora, reflicten 66 historias de amor e desalento, loita, sacrificio, ledicia e morriña. Preséntanse en forma de cancións que marcaron a traxectoria da escritora dende o ano 2017 ata a actualidade, adoptando a disposición dunha melodía infinita que compón a banda sonora do seu andar.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.