“Desmentindo a primavera” pode lerse como a memoria dunha casa, de tantas casas de Galicia, onde o lume estivo prendido de forma ininterrompida desde mediados do século XV ata finais do XX, en que os libros turran polos fillos para fóra da casa e do lugariño. A memoria da casa mestúrase coa do seu último habitante, coa das abellas, cronistas de mortes e nacementos, do bambú que conspira para derribar os muros, do sal que teima en reber unha e outra vez nas paredes do salgadoiro. Consómese o derradeiro rachón no lume e, crebando a tradición, alguén varre as cinzas da cociña. Os espíritos dos devanceiros, aventados coa cinza, unirán os seus reproches aos das mazás caídas na herba.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión

Reseñas
Aínda non hai valoracións.