Desaparecer

Desaparecer

14,50 

1 dispoñibles

“Este foi un libro escrito durante un proceso difícil, trastornado, nun movemento de precesión, expulsivo”, revela a autora na contracuberta, antes de preguntarse “En que consiste a valentía?” Pilar García Rego (1966) é comunicadora e xornalista. Desenvolve o seu traballo na TVG desde 1989 en programas culturais. É autora do guión “A casa do barqueiro”, proxecto de longametraxe (2002) e foi guionista/editora de series de televisión como “Rías Baixas”, “Libro de familia” e “O faro”. Publicou os poemarios “Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros” (2019), “Humanario” (Galaxia, 2021) e “War is over” (2024), colaborou no Manifesto 25N. 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021) e na antoloxía de xénero “Así fala Penélope” (2021).

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Desaparecer”