A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e na manifestación dos soños e loitas dependendo do lado do muro en que se habite. Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.
Finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela.
Deixádenos remar

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Ana Cabaleiro
ISBN: 9788491219330
Edición: setembro 2021
Páginas: 152
18,50 €
1 dispoñibles
Sé o primero en valorar “Deixádenos remar” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.