Na década dos sesenta do século XX as mulleres tomaron as rendas da gastronomía profesional ao xestionar mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería. Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecían. Coa profesionalización do sector, a súa impagable contribución quedou no anonimato. De nais a fillas. Receitas para non esquecer busca rescatar esas historias de esforzo, de creatividade e de sacrificio, darlles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.