Xabier, un estudante de Dereito en París, está a piques de terminar o seu ano Erasmus e enfróntase á decisión de quedar en Francia ou volver á Coruña, a súa cidade natal. Nesta encrucillada coñece a Artaï, un profesor universitario de Dereito celta, unha materia máis mítica que real e na que só el cre. Artaï proponlle a Xabier a procura dun libro lendario, o Ciprianillo, un grimorio de existencia cuestionable, cuxo descubrimento esperta cobizas e paixóns. Estes son os vértices de De corazón galaico, unha historia misteriosa que une Francia e Galicia, un itinerario cara a unha terra máxica onde furnas ao pé da Torre de Hércules e montañas sacras son aínda o punto de encontro entre o mundo do visible e do invisible na penumbra da noite de San Xoán. En castelán.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.