Cousiña Linda

Cousiña Linda

16,50 

1 dispoñibles

En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. En “Cousiña Linda”, como no caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, pídelle aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga… Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasía e humor. Traducido por Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cousiña Linda”