Cortar pescado en Manila

Cortar pescado en Manila

19,00 

1 dispoñibles

Libro heterodoxo, fóra do canon, con moitas facetas e capas. Grazas ao personaxe dun peixeiro das rúas de Manila, Rodríguez Monteavaro sintetiza os problemas xerais do mundo de xeito fresco e con madurez e cunha proposta formal pouco corrente: o protagonista do libro fala en primeira persoa da precariedade laboral, da violencia, do desexo, do amor, da tenrura, das espectativas do futuro e dos traumas do pasado para conseguir facer identificarse á xente lectora con el nunha mestura de rabia, noxo, pena, empatía e sorna.
O xurado do Premio de Poesía Afundación destacou que “Cortar pescado en Manila” é un interesante percorrido formal que emprega con pericia o efecto do distanciamento para tratar temas universais e que, desde o punto de vista poético, o autor manexa con habelencia o ritmo lírico e narrativo para crear un texto unitario.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cortar pescado en Manila”