Os contos para antes de durmir han de ser curtos; non como aquel conto tan longo que, cando se acababa de contar, xa era hora de que o neno fose ao colexio. Ou aquel tan longo no que os nenos quedaban durmidos pola metade e logo tiñan que soñar o final. Aínda que o conto máis longo que coñecemos é tan longo que cando se remata de contar, o neno xa é adulto.
Estes 28 relatos destacan pola súa brevidade e agudeza narrativa, os xiros literarios e o gran sentido do humor. Son historias baseadas no nonsense que apostan pola orixinalidade e a chiscadela intelixente. Partindo da sinxeleza, sorprenden os lectores con cambios inesperados no curso dos acontecementos e finais que debuxan sorrisos, deixando un pouso de lectura gratificante, sacudindo a creatividade e invitando á reflexión.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.