Juanjo Lamelas explica neste libro a física cuántica coma se fose un conto. E para facilitar a comprensión válese dun protagonista chamado Electroncio, unha partícula elemental que aproveita as súas propiedades de ente cuántico para relatar dende dentro o estraño mundo no que vive. Grazas a ela, o autor conta como transcorreron as cousas dende os albores da historia ata o presente. Así chega ata a mecánica cuántica, unha teoría perturbadora e misteriosa, ferramenta imprescindible para comprender multitude de fenómenos que pasan ao redor, moitos dos cales forman parte da vida cotiá.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.