Cando en marzo de 1917 morreu Eduardo Pondal, Francisco Fernández del Riego apenas tiña catro anos. Tempo despois os seus camiños culturais cruzáronse innumerables veces, de tal xeito que Pondal se converteu no escritor galego de referencia para Del Riego, no seu admirable bardo. Neste libro Del Riego fai un percorrido pola vida e a obra “do poeta solitario que canta o mar e os piñeiros da costa brava” de Bergantiños.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.