Compostela

Compostela

19,90 

Un paseo literario por Compostela da man de autoras e autores contemporáneos. «A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le. Estes vinte e dous relatos achegan a cidade dende diversas voces e olladas, mais tamén foxen dela a arrabaldes de grandes urbes, a vilas pequenas ou a barrios con encanto. Son de voces consagradas no xénero e doutras que se inician, xeracións diferentes que dialogan nunha mesma lingua na que constrúen historias enraizadas. Cada conto é mostra do gran momento literario do país, estas páxinas son un remuíño de bolboretas mergulladas na mesma luz, a da literatura galega.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Compostela”