Os estudosos consideran a Annie Vivanti Chartres a inventora do best-seller italiano, caracterizado por un estilo rápido, fluído e suxestivo. Ela distínguese no panorama da literatura feminina dos principios do século xx por ir alén dos territorios reservados ás mulleres escritoras: o amor, o romance, a familia e os argumentos “rosas”. Así, con esta obra quixo ir máis aló da novela rosa, e os feitos narrados son reais: demostra aos seus lectores que é unha escritora informada e que tamén formou parte da historia, colocándonos quizais ante un caso de ficción autobiográfica, unha expresión dos feitos subxectiva e creativa, onde a verdade se somerxe na ficción. Nada en Londres en 1866 nunha rica familia de orixes xudías, a autora medrou entre Italia, Suíza, Inglaterra e os Estados Unidos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.