«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu». A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención dun filósofo solitario e rosmón chamado Erundino Terrón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do diario. Unha pescuda chea de humor e intriga que desvelará a cara máis sorprendente da filosofía e na que, buscando respostas, tan só se atoparán preguntas.
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2022.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.