Aparecida do nada, unha estraña vella enche as horas incómodas dunha muller atrapada entre o desexo de morte e o de vida. Son tempos de disparos, de represión, de olladas baixas e bocas pechadas. Tempos de vivir calando. O silencio dos días repetitivos vese interrompido por unha descoñecida, dona de segredos e idades innúmeras, e que, capa tras capa, coma unha árbore milenaria, irá desvestindo ata deixar núa a única das verdades deste mundo: a vida escribímola nós pero, cantas veces pasamos por ela? Libro premiado no Noia e organizado pola revista Casa da Gramática.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.