Chámame señora, pero trátame coma a un señor. Memoria persoal do machismo na cultura

Chámame señora, pero trátame coma a un señor. Memoria persoal do machismo na cultura

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Feminismos
Autor: María Reimóndez
ISBN: 9788491512585
Edición: 1ª (2018)
Páginas: 188

19,20 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é evidente que as engurras na pel e as canas no pelo delatan que xa non están na idade da inocencia. Tampouco creo a esas que pretenden xustificar os seus fracasos ou desilusións valéndose da inxenuidade. Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de contas, diso se trata cando unha pretende algo máis ca escribir poemiñas para conquistar corazóns.
Diso fala este libro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chámame señora, pero trátame coma a un señor. Memoria persoal do machismo na cultura”