Cartas de Galiza

Cartas de Galiza

Editorial: Editorial Laiovento
Autor: Prosper-Henri Devos
ISBN: 9788484876113
Edición: Xaneiro 2023
Páginas: 100

12,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Esta nova edición e tradución de María Obdulia Luís Gamallo actualiza e anota as oito crónicas que o autor publicou no xornal L’Etoile Belge en 1912. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva da Galiza. O escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cartas de Galiza”