Baixo a autoría de Alcifrón chegou ata os nosos días unha colección de textos en grego, con forma de cartas, cuxo contido está ambientado na Atenas de finais do século IV e principios do III a.n.e., segundo se deduce dalgúns datos e personaxes mencionados na obra. Praxíteles, Epicuro, Apeles ou Menandro aparecen relacionados coas heteras, e as institucións democráticas atenienses son reiteradamente presentadas como activas no contexto das cartas. Aínda que non hai referencias explícitas á data na que foron escritas, todos os indicios apuntan a que foi varios séculos despois da época que describen.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.