O traballo de expertas, unido ás novas técnicas de análise, está permitindo identificar esta apropiación masculina e que poida procederse ao recoñecemento da verdadeira autoría, querendo acabar deste xeito cun claro exemplo de ocultación das mulleres. Con todo, este esforzo aínda non se ve reflectido como é de xustiza nos libros de arte, malia existiren obras como Le vite de’ più eccellenti pittori, scultori e architettori do arquitecto e pintor Giorgio Vasari (considerada a primeira enciclopedia sobre artistas e publicada en 1550), en que figuran citadas mulleres artistas, a pesar de que poida desprenderse o contrario do seu título.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.