Candela é unha nena de oito anos extravertida, simpática e rebuldeira. Gústalle gozar da natureza, algo que aprendeu do seu avó. É meticulosa coas súas cousas. Non soporta ver lixo tirado no chan. É moi responsable co medio natural: gústalle plantar árbores e frecuentemente acompaña ao seu avó en longos paseos pola beira do río ou subindo polos montes próximos á súa vila. Unha tarde, atopa un espello no lixo que ten a virtude de limpar toda a suciedade que se reflicte nel e Candela comparte o segredo co seu avó. Porén, había algo que os inquietaba, porque ningún dos dous podía verse no espello.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.