Do esplendor doutro tempo non resta na casa das nobres irmás Pintor máis que o seu teimudo orgullo e a lealdade inquebrantable de Efix, o seu criado, que se esforza día e noite por manter o pouco que sobrevive da facenda. A chegada do aposto Giacinto, fillo da menor das irmás, Lia, que fuxiu da casa paterna moitos anos atrás, fará acordar novamente dores, paixóns e culpas que parecían esquecidas.
Publicada en 1913, “Canas ao vento” é a novela máis popular de Grazia Deleddda, e unha mostra perfecta da pola que recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1926.
Canas ao vento
Sé o primero en valorar “Canas ao vento” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.