Achega ao funcionamento en Galicia do Patronato de Protección a la Mujer, a institución franquista que entre 1941 e 1985 internou en institucións relixiosas a miles de mozas por térense afastado do modelo único de nai e esposa imposto pola ditadura, ademais de someter a un estrito control moral a toda a poboación. Malia ser unha das expresións máis crueis e lonxevas da ditadura, o Patronato segue sendo un gran descoñecido ou, o que e aínda máis grave, mantendo a pátina de institución benéfica na que abnegadas monxas coidaban rapazas que se afastaran do bo camiño. Este traballo rende homenaxe a todas esas mozas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.