Manuel Lage, secretario xeneral de ASEPA e recoñecido historiador do automóbil en España, fai un longo percorrido pola vida de Eduardo Barreiros (Nogueira de Ramuín, 1919-A Habana, 1992) e a gran empresa que creou, Barreiros Diésel S.A. O autor recompila os datos técnicos e características dos motores, camións, tractores, autobuses e automóbiles da marca, datos que se acompañan con 660 fotografías. Unha viaxe no tempo que recolle as transformacións que se fixeron no pequeno taller de Ourense ata o final da produción de camións na fábrica madrileña de Villaverde. En castelán.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.