Volume que abre a colección coa que a editorial Galaxia celebra o seu 75 aniversario coa idea de recuperar para os lectores e lectoras do século XXI moitas das obras publicadas que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. En 1961 a editorial creou unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés. Nela publicaron as poetas escolmadas para a presente edición pola profesora Patricia Arias Chachero, responsable tamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son, María do Carme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 con A saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúas poetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente. A elas súmase Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é a primeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de acometelo en Salnés, malia non facelo.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.