As obras póstumas

As obras póstumas

19,72 

3 dispoñibles

Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Con moitas dificultades, dita a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á ventá do seu cuarto. Mais o vínculo de Pilar co centro non é de simple veciñanza, senón que vai moito máis lonxe. Nin ela mesma imaxinou que a conexión coas persoas que o habitan chegaría a ser tan poderosa. Entre o realismo máxico e a dúbida constante de canto é froito da memoria, Diego Giráldez guía a través dun relato cargado de sensibilidade pero tamén de frescura.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “As obras póstumas”