Na Nova York de finais do século XIX, as irmás Bunner, rexentan un humilde comercio que apenas lles dá para ir tirando. O seu pequeno mundo cambalea unha vez que aparece nas súas vidas a figura dun reloxeiro de orixe berlinesa, o señor Herman Ramy. Escrita en 1892 pero inédita até 1916, esta novela de Wharton constata que o seu talento non se limita á descrición de individuos da alta sociedade á que pertencía, senón que abrangue tamén seres solitarios e desfavorecidos. Cunha prosa sinxela de corte realista, enriquecida por veces cun rexistro léxico elevado, o ton melancólico pero esperanzador desta obra resulta clave para apreciar a amplísima variedade de subtemas: o decoro social, a beleza, a amabilidade, a fe ou o amor fraternal. Traducido do inglés por Alejandro Tobar.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.