Conmovedora novela que convida a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía. A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que ingresa nunha residencia da terceira idade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedista que a asiste, poñen o seu gran de area para que a anciá deixe de sufrir polo que considera unha débeda moral relacionada cun momento clave do seu pasado. Como revela o título, a gratitude ocupa un lugar central: a de Marie cara á persoa que permitiu que se convertese na muller que é; e a de Michka, cuxo maior desexo é localizar as persoas que lle salvaron a vida. Traducido do francés por Xavier Senín.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.