As consecuencias da vella historia

As consecuencias da vella historia

A novela breve As consecuencias da vella historia (1884) aborda, dende unha perspectiva até certo punto romántica, os desequilibrios que unha paixón amorosa insatisfeita pode provocar no espírito, ao tempo que ofrece unha descrición do sufrimento psíquico capaz de acadar cotas febrís. Trata así mesmo cuestións relativas á confusión de identidades e ao desdobramento da realidade, e pon de relevo o destacado papel da cultura alemá na formación da intelectualidade do Estado grego independizado do Imperio Otomán en 1830. En vida do autor, non recibiu nin a atención nin o recoñecemento que si lle chegarían anos despois, un feito en parte motivado pola defensa activa feita por Georgios Viziinos da variante idiomática de corte purista coñecida como katharévousa, que perdeu a batalla contra a popular, o grego demótico. Como obra de ficción, no marco da narrativa grega contemporánea, considérase relevante e orixinal, unha valoración que tamén se acabou facendo do autor décadas despois da súa morte. Traducido do grego por Alfonso Blanco.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Georgios Viziinos
ISBN: 9788412393330
Edición: Xaneiro 2022
Páginas: 100

14,00 

1 dispoñibles

A novela breve As consecuencias da vella historia (1884) aborda, dende unha perspectiva até certo punto romántica, os desequilibrios que unha paixón amorosa insatisfeita pode provocar no espírito, ao tempo que ofrece unha descrición do sufrimento psíquico capaz de acadar cotas febrís. Trata así mesmo cuestións relativas á confusión de identidades e ao desdobramento da realidade, e pon de relevo o destacado papel da cultura alemá na formación da intelectualidade do Estado grego independizado do Imperio Otomán en 1830. En vida do autor, non recibiu nin a atención nin o recoñecemento que si lle chegarían anos despois, un feito en parte motivado pola defensa activa feita por Georgios Viziinos da variante idiomática de corte purista coñecida como katharévousa, que perdeu a batalla contra a popular, o grego demótico. Como obra de ficción, no marco da narrativa grega contemporánea, considérase relevante e orixinal, unha valoración que tamén se acabou facendo do autor décadas despois da súa morte. Traducido do grego por Alfonso Blanco.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “As consecuencias da vella historia”