Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por
un dos seus personaxes máis queridos. Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo louro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila e ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño.
Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna da granxa da infancia do pai da autora.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.