Texto que non respecta as barreiras dos xéneros, pero que podería cualificarse como novela de aventuras e thriller psicolóxico. A protagonista de embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergulladores, estirpe sinistra que é quen de conversar cos monstros mariños e coas sereas, irresistibles e letais.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.