Para celebrar o vixésimo aniversario da publicación do seu primeiro libro, Xavier Queipo presenta Artico 2.0. A pegada do mar e dos océanos xeados é unha constante na narrativa de Queipo, que experimenta coa escritura baixo a sombra tutelar de Borges e Jack London, de Conrad e Francisco Coloane. Libro de libros e de océanos, relatos de viaxe, ficcións que descobren personaxes e historias ignotos, mundos polo de agora inexplorados.Versión nova e ampliada do texto co que Xavier Queipo obtivo o Premio da Crítica española en 1991.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.