A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do rural é unha plataforma que aúna a persoas de colectivos rurais moi diversos e outras que pertencen ao eido docente, maioritariamente universitario, de áreas de coñecemento diversas. Xúntanse para aproximar mundos afastados e para visibilizar o medio rural como un lugar de oportunidade para desenvolver futuros profesionais e vitais xustos e sostibles. Este libro recolle algunhas experiencias arredor da estratexia de aprendizaxe-servizo, para que o estudantado forme parte de proxectos que están a construír e innovar en aldeas e pequenas vilas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]