En “Arame e fío”, Rochi Nóvoa tece un universo de palabras entre afiadas e sutís a través duns fíos de cores que unen tempos, voces e emocións, onde a tenrura e a forza entrelázanse coma puntadas nun tecido delicado e resistente ao mesmo tempo, a cabalo entre a urxencia e o perdurable. É unha viaxe pola identidade, pola memoria e polas feridas que nos constrúen. En cada mazacote, coa súa cor vital e coa súa proposta activa, Nóvoa procura versos onde fía sentimentos profundos, empregando a lingua como un arame que sostén e une, pero tamén como unha ferramenta de resistencia e expresión, e como ela mesmo di, “coas mans cheas de vida e experiencia que protexen e coidan a terra”.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.