Na aldea onde vive Ánxela os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. Uns din que houbo un accidente, outros que unha avioneta se estrelou contra eles, e outros máis que o exército anda a facer pescudas pola contorna. As preguntas aumentan cando Ánxela atopa no galiñeiro da súa casa un peluchiño adorable con aspecto de toupa. Di que se chama Spencer. Pero… Quen é? De onde vén? Unha emocionantísima viaxe repleta de humor e trepidantes aventuras que ilustrou Julia Lago.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.