Escolla poética a través de oito poemarios de Jacques Prévert que descobre ao autor popular, tenro, rebelde, antimilitarista, o ecoloxista e animalista avant la lettre. Ironiza coa xente da Belle Époque e empatiza coas sardiñeiras, cos limpabotas, co obreiro que tantas xornadas lle deu ao patrón. A súa tenrura cos nenos, os castigados sen vacacións, os que fuxen do Reformatorio, os que estampan o nariz contra as vidreiras e soñan… é inmensa e natural como natural é o poeta. O amor está no primeiro plano. Traducido do francés por Stella Maris González Balbuena.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.