«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas, dunha páxina, reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», ambientada no mundo dos
polos; e a terceira «Animalia 3. Azul», protagonizada polos animais acuáticos. «Animalia» constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización a partir das posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade. Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.