Sara Carrasco e Silvia Iglesias(13 Grados) invítannos a mergullarnos na ría de Vigo e a visitar un mundo próximo baixo outra luz. “Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo” é unha viaxe para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de fotografías, ilustracións e mesmo vídeos ligados con códigos QR.
Nesta edición especial ampliada, coñeceremos aínda máis sobre os habitantes dos nosos fondos mariños(e non tan fondos) cun capítulo sobre a columna de auga, hábitat e lugar de paso de luras, rinchas e quenllas, entre outros fabulosos seres. A obra inclúe unha escolma de recomendacións para coñecer de preto o mergullo e facer esta actividade de xeito responsable.
Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo (ed. ampliada)
Sé o primero en valorar “Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo (ed. ampliada)” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.