Traballo discográfico do dúo formado en 2018 por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). Na súa curta pero intensa traxectoria, Caamaño & Ameixeiras deron xa un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega como no ámbito internacional. Este disco é de natureza principalmente instrumental, aínda que incorpora tamén algún tema vogal
coidadosamente escollido. Segundo contan as propias protagonistas, Caamaño & Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois unha linguaxe propia, con composicións e arranxos persoais e íntimos que manteñen a esencia do popular con recursos contemporáneos incorporados.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.