Acoso e demolición do sistema público de ensino

Este ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal. As mudanzas das formas estruturais tradicionais cara a outras en rede, de subcontratas ou de tipo trevo, camiñan cara a formas privatizadoras en todos os seus niveis, ao mesmo tempo que modelan de xeito diferenciado unha serie de novas subxectividades. A presenza da Covid-19 acelerou os procesos privatizadores desencadeados polo plan Boloña mediante a implantación intensiva das TIC, que envoltas polo mito da neutralidade representan para Boaventura de Sousa Santos novos desafíos “como por exemplo a dixitalización do coñecemento, do ensino e da aprendizaxe”.

Editorial: Editorial Laiovento
Autor: Xosé Ramón Branco Buxán
ISBN: 9788484875536
Edición: Xaneiro 2022
Páginas: 276

18,92 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Este ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal. As mudanzas das formas estruturais tradicionais cara a outras en rede, de subcontratas ou de tipo trevo, camiñan cara a formas privatizadoras en todos os seus niveis, ao mesmo tempo que modelan de xeito diferenciado unha serie de novas subxectividades. A presenza da Covid-19 acelerou os procesos privatizadores desencadeados polo plan Boloña mediante a implantación intensiva das TIC, que envoltas polo mito da neutralidade representan para Boaventura de Sousa Santos novos desafíos “como por exemplo a dixitalización do coñecemento, do ensino e da aprendizaxe”.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Acoso e demolición do sistema público de ensino”